Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

Actividades multimedia: Relaciona as froitas

Decidimos crear esta actividade de relacionar dúas columnas, porque nos parece un bo exercicio co que os nenos poden aprender a asociar o nome da froita coa súa imaxe correspondente, así como sinalando de maneira divertida, empregando as TIC, a importancia que as froitas teñen na nosa vida.    Esta actividade consiste en, como ben indica o nome do exercicio, relacionar as dúas columnas que aparecen nel. Na primeira columna, situada á esquerda,  aparecen o nome de seis froitas que terán que relacionarse coas súas imaxes correspondentes, as cales, aparecen na segunda columna, situada á dereita.   Esta actividade é recomendada para nenos de cinco anos ou máis, xa que consideramos que a esta idade teñen que controlar o nome de bastantes froitas e que eles mesmos saiban asociar o nome de cada unha coa súa respectiva imaxe.    Con respecto á temporalización, os nenos contan con dez minutos para que poidan realizar a actividade e ademais, contan con tres intentos para realizala. Cabe sinalar

Actividades multimedia: Crucigramas

Decidimos crear dous crucigramas, un de hortalizas e outro de froitas, co fin de que os nenos aprendan a súa importancia dunha forma divertida e dinámica, empregando as TIC.   A actividade consiste en descubrir o nome das hortalizas e froitas que se atopan no crucigrama, e para isto, o neno conta cunha imaxe  representativa en movemento, co obxectivo de que lles resulte máis doado acertar co seu nome. Ademais da imaxe, os nenos contan con dous tipos de pista por se non son capaces de adiviñalas,  tanto a pista dunha letra como a pista do seu respectivo nome.   Esta actividade é recomendada principalmente para nenos de cinco anos, pero tamén poden máis maiores desa idade, xa que pensamos que a esa idade deberían coñecer o vocabulario de numerosas e distintos alimentos, así como a importancia que teñen na nosa dieta.   Con respecto á temporalización, os nenos contan con dez minutos para realizar o crucigrama e non teñen límite de intentos. Ademais, a actividade non ten unha avaliación ni

Actividades multimedia: Mosaicos

Outra actividade multimedia  que nos pareceu interesante foron os mosaicos, enfocada a nenos duns cinco anos aproximadamente. Deste tipo de exercicio realizamos dous, un dedicado a froitas e outro a hortalizas. Este tipo de exercicio axuda a que os nenos familiaricen  con alimentos saudables.   Un dos beneficios que pode producir este xogo é axilizar a mente e aumentar dun gran xeito a capacidade de memorización dos nenos e nenas, o que é moi importante nestas idades tan temperás. Ademais este xogo pode realizarse con outras persoas, o que fomentará o aprendizaxe en parellas ou en grupo.    O xogo consiste en dez parellas de cartas iguais, que están colocadas nunha superficie boca abaixo e totalmente baralladas. O propósito é que o neno vaia virando as cartas de dúas en dúas. Se se xiran dúas cartas que non son iguais, ou que neste caso non conteñen a mesma foto dunha froita ou hortaliza, o programa volverá a poñelas boca abaixo no mesmo sitio que se atopaban antes. Despois xirará outr

Actividades multimedia: Ordena as letras

Optamos por crear unha actividade que consiste en ordenar as letras dunha froita, neste caso a dun plátano. Creemos que é idónea para ser empregada por nenos de tres anos, xa que é do máis sinxela, pois conta cunha imaxe en movemento representativa da palabra, ademais dun apartado para poder escoitar como se deletrea a froita. O único que os nenos teñen que facer é colocar por orde cada letra para formar a palabra.    Como é unha actividade moi rápida e que carece de dificultade, decidimos non aplicarlle límite de tempo. Para realizar esta actividade os nenos deben contar cun dispositivo electrónico e coa presenza dun adulto para supervisar o traballo. O  obxectivo desta actividade é o de atraer os alimentos saudables aos nenos por medio do uso das TIC.    Para avaliar o seu traballo, teremos en conta o emprego do vocabulario, a correcta asociación del coas imaxes e sons, ademais da súa capacidade de comprensión e elaboración.  Aquí está o enlace a actividade:  ordena as letras

Actividades multimedia

Ola! Hoxe amosámosvos a plataforma EDUCAPLAY, onde podemos crear unha serie de actividades para que os nenos aprendan sobre determinados temas empregando as TIC. Para acceder a ela, debedes crear unha conta e rexistrarvos.    Decidimos crear unha serie de actividades nesta plataforma, dirixidas aos nenos de infantil. Con elas serán capaces de aprender as diferenzas entre alimentos saudables e non saudables, dun xeito moi ameno e dinámico.   A partir de hoxe poderedes ver as actividades que fixemos nas diferentes entradas que iremos creando.   A continuación, deixamos o enlace a plataforma:  plataforma educaplay

Caza do tesouro

Sabes o que son as froitas? Seguro que comiches máis dunha. Son alimentos que veñen de árbores froiteiras e dalgunhas plantas.  As froitas son moi boas para a nosa saúde, porque nos aportan auga, vitaminas e minerais, entre outros tantos beneficios. Sabes que existen máis de 100 froitas repartidas por todo o mundo? Nesta actividade imos aprender algunhas cousas interesantes sobre as froitas, o que nos axudará a ver o ricas e saudables que son.  PREGUNTAS 1. Escribe tres froitas que non teñan a letra A.  2.  Colorea a seguinte froita e escribe o seu nome: 3. Relaciona os seguintes nomes coa froita que corresponda: 4. Cal non é unha froita? 5. De que cores poden ser as mazás? 6. Debuxa tres froitas que comas en verán. 7. Une as froitas coa sua  cor:  8. Cantos escalona  ten a pirámide dos alimentos? 9. En que escalón están os cereais e o pan? 10. Debuxa 3 froitas de cor verde. RECURSOS: Pirámide dos alimentos: "Canción de las frutas":  https://www.youtube.com/watch?v=N9TTN5smxc

Blogs de referencia

O tema da alimentación nos nenos é moi serio, por iso tras realizar unha busca moi exhaustiva de numerosos blogs e webs sobre a alimentación saudable queremos destacar os que máis nos gustaron ou os que nos pareceron máis interesantes. En primeiro lugar, gustaríanos destacar o  blog de dúas mestras anónimas , creárono fundamentalmente para traballar cos seus alumnos o tema da alimentación saudable. Pareceunos dinámico e interesante, moi adecuado para os nenos de Educación Infantil, xa que, por exemplo, conta cun apartado no que se atopa unha canción sobre as legumes. En relación coa mellora da alimentación infantil, queremos mencionar un  blog dun grupo de dietistas-nutricionistas  de distintas partes de España. Ademais, atopamos nel unha gran cantidade de información que lle pode resultar práctica a moitas familias, como unha entrada na que fala sobre o feito de qué leite é o mellor para os nenos e conta tamén con xogos para traballar a alimentación saudable cos nenos pequenos. Parece

Reflexión Nerea

  ¿Como empregan os/as profes de infantil as NNTT? Sinceramente non teño moita idea deste tema, posto que cando eu era pequena todo ou a maioría era realizado por escrito sen usar dispositivos tecnolóxicos, pero teño escoitado que nos tempos de agora existen varios métodos que se empregan cos nenos pequenos como por exemplo os plickers. ¿Aprenden mellor os/as nenos/as coas NNTT? Dende o meu punto de vista é posible que os nenos e nenas aprendan mellor coas novas tecnoloxías, pero tamén depende do uso que fagamos delas á hora de ensinar. Dende logo un bo uso pode favorecer a súa aprendizaxe e quizais dunha forma máis rápida.  ¿Fai mellor ou peor profesor o uso das NNTT? Non creo que te faga nin mellor nin peor profesor o feito de empregar as novas tecnoloxías. Penso que cada mestre ten a súa maneira de ensinar e non empregar as NNTT non vai a influir negativamente ao neno ou nena. Como exemplo temos o pasado, xa que non fai moitos anos as tecnoloxías non existían e por iso os nenos e ne

Reflexión Sofía

  ¿Como empregan os/as profes de infantil as NNTT? Na miña experiencia como nena, as NNTT a penas se empregaban, pero cos novos avances neste campo, os profesores adaptáronse e integráronos para mellorar e estimular a mente dos nenos dende outra perspectiva.   ¿Aprenden mellor os/as nenos/as coas NNTT? Dende a miña perspectiva non hai unha forma clara de ensinarlle aos nenos, pero no seu futuro precisarán as NNTT, polo que sería importante aplicalas como un recurso máis na súa aprendizaxe, ademais de que é unha forma divertida de desenvolver destrezas e non caer na rutina.  ¿Fai mellor ou peor profesor o uso das NNTT? Nin mellor nin peor, o profesor sempre quere a mellor forma de ensinar aos nenos, polo que unha boa educación non se basea na prohibición de empregar as NNTT, e moito menos nunha sociedade de continuo progreso como a nosa. Polo que debe aprender a complementar o seu uso coa ensinanza tradicional.  ¿Cómo cres que as empregarás o día de mañá? Intentarei buscar a mellor form

Reflexión Inés

  ¿Como empregan os/as profes de infantil as NNTT? Sinceramente, non o sei, xa que polo menos na miña experiencia como alumna de educación infantil non a empregabamos moito. Fundamentalmente, a usabamos para escoitar algunha canción, ver algún vídeo ou para preparar a canción dos distintos festivais que se facían na escola. ¿Aprenden mellor os/as nenos/as coas NNTT? Na miña opinión, as novas tecnoloxías, no ámbito da educación, pode chegar a ser unha “arma de dobre fío”, xa que os nenos poden aprender mellor e máis rápido con esta ferramenta pero, tamén pode chegar a convertirse nun “vicio”, xa que non é raro oír falar, na sociedad actual, de nenos dependentes dos dispositivos electrónicos. ¿Fai mellor ou peor profesor o uso das NNTT? Eu penso que o uso das novas tecnoloxías non fai que un mestre sea mellor ou peor, xa que penso que estas deben empregarse como un medio que axude e facilite o ensino, tanto ao alumnado como aos mestres. ¿Cómo cres que as empregarás o día de mañá? O día d

Preguntas Nerea

  ¿Qué foi para min a tecnoloxía? Para min a tecnoloxía é un avance moi positivo e con moitas vantaxes por unha banda, pero por outra, tamén penso que ten diferentes inconvintes. Dende o lado positivo, admiro a capacidade que nos brindan de poder comunicarnos con un só “clic” con quen queiramos de maneira inmediata. Ademais se coñeces ben a tecnoloxía penso que aínda así che quedaran moitas cousas por descubrir dela, pois esta ofrécenos infinidade de cousas e modernízase continuamente. Dende o lado negativo, penso que pode resultar perigosa a maneira de estar tan controlados dende os nosos dispositivos, e cada vez máis. É asombrosa toda a información que teñen nosa sen nós sabelo. Ademais, aínda que numerosas veces vemos noticias e nos enteramos das cousas relevantes de actualidade e que ocorren no noso país, outras moitas veces consumimos información falsa.  ¿Qué lugar ocupou na miña educación?  Na miña educación a tecnoloxía pasou de ter un papel irrelevante a ser imprescindible. Ao

Preguntas Sofía

  ¿Qué foi para min a tecnoloxía?  No meu caso, a tecnoloxía foi, e é unha gran ferramenta que me axuda cada día en varios ámbitos da miña vida, penso que sen ela teríamos moitas limitacións, por exemplo a imposibilidade de dar as clases en liña, sacar fotos en calquera momento ou buscar información dun determinado termo en segundos, sen ter que recorrer a libros. Non obstante, como xa sabemos, a tecnoloxía ten dúas caras, polo que debemos concienciarnos en non excedernos no seu uso.   ¿Qué lugar ocupou na miña educación? A tecnoloxía tivo pouca importancia na primaria, restrinxíase a unha hora semanal na que facíamos exercicios dalgunha materia no ordenador para practicar esa disciplina, non para aprender sobre as TIC. Isto cambiou considerablemente en secundaria, cando o profesor de informática ensinounos como empregar a tecnoloxía de forma segura no noso día a día, coñecementos que sigo utilizando actualmente.  Se puidese destacar algo relacionado coa tecnoloxía… ¿Qué sería? Destaca

Preguntas Inés

  ¿Qué foi para min a tecnoloxía?  Sen ningunha dúbida, para min a tecnoloxía foi unha gran axuda na miña vida diaria, xa que a uso todos os días, tanto para os meus asuntos privados como para os meus estudos, polo que é unha ferramenta fundamental na miña vida.     ¿Qué lugar ocupou na miña educación? Pois, na miña educación,a tecnoloxía xogou un papel importante, polo menos na miña etapa da educación secundaria e na miña etapa de bacharelato. Non obstante, na miña etapa de primaria, non a empregabamos tanto como a emprego a día de hoxe. Se puidese destacar algo relacionado coa tecnoloxía… ¿Qué sería? Persoalmente, destacaría a facilidade coa que podemos atopar música e información sobre numerosos e distintos temas.

Presentación grupal

Reflexionando entre as tres sobre esta cuestión, pensamos que o tema da alimentación era o máis axeitado para tratar debido a súa importancia ao longo de toda a súa vida, pero sobre todo nestas primeiras idades. Así mesmo, pensamos que é necesario que os nenos e nenas leven a cabo unha alimentación variada e equilibrada, xa que influirá no seu crecemento físico e intelectual. Este tipo de dietas tamén favorecerá á súa capacidade de aprendizaxe, de pensar, entre moitas outras habilidades. Por outra parte, é un tema que carece de suficiente información para unha cuestión tan importante como esta, na que periga a saúde dos máis pequenos.                Inés Piñeiro                              Nerea Quintela                        Sofía Ventoso

Presentación Nerea Quintela

O meu nome é  Nerea Quintela González  e teño dezaoito anos. Son de Caldas de Reis aínda que cursei o ano anterior nun centro de Padrón. Este centro é o IES Camilo José Cela e nel estudei todos os meus anos de instituto, rematando o curso anterior segundo de bacharelato. Tras presentarme á selectividade, escollín a carreira de Educación Infantil pola miña devoción aos nenos e o meu soño de ser mestra nun futuro. Este grao estudareino na Universidade de Vigo.                                                                                                                                                  Durante todo o meu curso académico o uso das novas tecnoloxías foise incrementando cada vez máis, pois na miña época de primaria, só algúns mestres facían uso delas e, pola contra, nos meus últimos anos de instituto, resultaba novidoso que algún mestre non dese clase coas súas presentacións ou mesmo que non proxectase unha foto para que o resto do alumnado a puidese visualizar. Ademais ata

Presentación Inés Piñeiro

Ola! O meu nome é  Inés Piñeiro Guimeráns , teño dezaoito anos e son de Marín (Pontevedra). Actualmente, tras realizar este verán a ABAU, curso o primeiro curso de Educación Infantil da Universidade de Vigo no campus de Pontevedra.   A experiencia previa que tiven coas TIC foron as clases que de vez en cando daba na aula de primaria, pero no instituto, tanto en secundaria como en bacharelato, tiven un uso das TIC moito maior, xa que realizabamos numerosos traballos e presentacións, e ao mesmo tempo, os profesores empregaban presentacións durante as clases para explicar os diferentes temas.   Para rematar a miña presentación vou presentar cinco datos curiosos ou aleatorios de min. En primeiro lugar, gustaríame comentar que este ano, debido ao coronavirus, tiven que realizar os exames da ABAU o día do meu aniversario. En segundo lugar, un dato curioso sobre min e  que sorprende moito á xente é que non me gusta nin a pizza nin as hamburguesas.   En terceiro lugar, a miña película favorita