O meu nome é Sofía Ventoso Trigo , e teño dezasete anos, pois o meu aniversario é a finais de decembro. Actualmente curso a carreira de Educación Infantil na Uvigo. Inclineime por esta carreira pola miña capacidade para tratar con nenos e nenas. Vivo en Cambados dende que nacín, un pequeno pobo que pertence á provincia de Pontevedra. Vivo cos meus pais e, mentres eles van traballar, quedo na casa para ter clases en liña. Cando teño que ir á universidade por algunha clase presencial, vou cunha compañeira, que ademais é veciña miña. Como é obvio, falo galego e castelán, pero tamén domino o inglés, mais por mor do coronavirus non puiden examinarme do meu nivel para obter a titulación. Entre as miñas afeccións destaca a lectura, especialmente as novelas clásicas. Fai unha semana comecei a ler a Tolstoi, coa súa famosa Anna Karenina. Fascíname a repostería, experimentar con novas receitas, e tamén probalas unha vez feitas. Tamén encántame quedar cos meus amigos, pero por desgraza todos
Comentarios
Publicar un comentario