Saltar ao contido principal

Realidade aumentada

Ola! Hoxe vos traemos un novo recurso para aprender un pouco máis da alimentación saudable. Neste caso, en vez de falar dos alimentos como ata o de agora, realizaremos e propoñeremos unha actividade relacionada coa realidade aumentada e que se centra na auga e na súa orixe.
  • Contidos:

- Recoñecemento das necesidades básicas do corpo -hixiene, alimentación, descanso.

- Discriminación progresiva dos alimentos saudables valorando o seu consumo.



  • Obxectivos:

- Satisfacer as súas necesidades básicas adquirindo hábitos de coidado persoal.

- Achegarse ao coñecemento, empleo e valoración das TIC-ordenadores, internet, pizarra dixital interactiva, escáner, vídeo...- como ferramentas de búsqueda de información, creación, expresión e comunicación.



  • Xustificación da actividade:

A nosa actividade consistirá en, empregando un medio tecnolóxico como o dunha tablet ou un móvil, e a través delas poderán descubrir e coñecer diferentes alimentos e bebidas saudables que deben relacionar co seu respectivo campo alimenticio, como hortalizas, froitas ou bebidas.

Con este recurso buscamos que os nenos e nenas vexan realmente a importancia que ten beber unha determinada cantidade de auga ao día e o que nos aporta a nosa saúde, ademais de comer alimentos saudables como son as froitas e as hortalizas.


  • Recursos empregados:

- Enlace recurso empregado: https://quivervision.com/.

- Enlace plantilla ou modelo empregado:  

https://quivervision.com/apis/storage/color_packs/68/color_page/yuri_paint.pdf


   Licencia:  QuiverVision Limitado (“ QuiverVision”, “O noso”, “Nos” ou “Nós”) entende e respecta as vosas preocupacións sobre privacidade. Este aviso describe  QuiverVision  política de privacidade cando pertence ao sitio web en www.quivervision.com (o Sitio web”) e calquera aplicacións móbiles de calquera amábel distribuído por  QuiverVision (as Aplicacións,” e xunto co Sitio web, o “ QuiverVision Produtos”). Podemos desde tempo-a-os tempos revisan esta política de privacidade, e a data de última revisión será dispoñíbel na parte superior desta páxina, así que compracer marca seguro que comprobas atrás periodicamente. Por visitar o  QuiverVision Produtos, estás recoñecendo e aceptando esta Política de Privacidade. O voso uso continuado do  QuiverVision os produtos após cambios foron anunciados á Política de Privacidade constituirá a vosa aceptación de tales cambios.


  • Fotografías:















































Comentarios

Publicacións populares deste blog

Presentación Inés Piñeiro

Ola! O meu nome é  Inés Piñeiro Guimeráns , teño dezaoito anos e son de Marín (Pontevedra). Actualmente, tras realizar este verán a ABAU, curso o primeiro curso de Educación Infantil da Universidade de Vigo no campus de Pontevedra.   A experiencia previa que tiven coas TIC foron as clases que de vez en cando daba na aula de primaria, pero no instituto, tanto en secundaria como en bacharelato, tiven un uso das TIC moito maior, xa que realizabamos numerosos traballos e presentacións, e ao mesmo tempo, os profesores empregaban presentacións durante as clases para explicar os diferentes temas.   Para rematar a miña presentación vou presentar cinco datos curiosos ou aleatorios de min. En primeiro lugar, gustaríame comentar que este ano, debido ao coronavirus, tiven que realizar os exames da ABAU o día do meu aniversario. En segundo lugar, un dato curioso sobre min e  que sorprende moito á xente é que non me gusta nin a pizza nin as hamburguesas.   En terceiro lugar, a miña película favorita

Presentación Sofía Ventoso

O meu nome é  Sofía Ventoso Trigo , e teño dezasete anos, pois o meu aniversario é a finais de decembro. Actualmente curso a carreira de Educación Infantil na Uvigo. Inclineime por esta carreira pola miña capacidade para tratar con nenos e nenas.    Vivo en Cambados dende que nacín, un pequeno pobo que pertence á provincia de Pontevedra. Vivo cos meus pais e, mentres eles van traballar, quedo na casa para ter clases en liña. Cando teño que ir á universidade por algunha clase presencial, vou cunha compañeira, que ademais é veciña miña. Como é obvio, falo galego e castelán, pero tamén domino o inglés, mais por mor do coronavirus non puiden examinarme do meu nivel para obter a titulación. Entre as miñas afeccións destaca a lectura, especialmente as novelas clásicas. Fai unha semana comecei a ler a Tolstoi, coa súa famosa Anna Karenina. Fascíname a repostería, experimentar con novas receitas, e tamén probalas unha vez feitas. Tamén encántame quedar cos meus amigos, pero por desgraza todos

Actividades multimedia

Ola! Hoxe amosámosvos a plataforma EDUCAPLAY, onde podemos crear unha serie de actividades para que os nenos aprendan sobre determinados temas empregando as TIC. Para acceder a ela, debedes crear unha conta e rexistrarvos.    Decidimos crear unha serie de actividades nesta plataforma, dirixidas aos nenos de infantil. Con elas serán capaces de aprender as diferenzas entre alimentos saudables e non saudables, dun xeito moi ameno e dinámico.   A partir de hoxe poderedes ver as actividades que fixemos nas diferentes entradas que iremos creando.   A continuación, deixamos o enlace a plataforma:  plataforma educaplay