Saltar ao contido principal

Robótica educativa

Ola!! Aquí estamos de novo cunha animada actividade relacionada, nesta ocasión, cos escarnobots, en concreto un Bee-Bot, coñecido pola súa forma de abella. A continuación, desenvolveremos os contidos, obxectivos e a descrición da actividade. Esperemos que sexa de gran axuda para que os nenos e nenas de Educación Infantil poidan adquirir novos coñecementos sobre os alimentos saudables.

Contidos:

  • ·      Discriminación progresiva dos alimentos saudables valorando o seu consumo.
  • ·      Recoñecemento das necesidades básicas do corpo -hixiene, alimentación, descanso.


Obxectivos:

 

  • ·     Satisfacer as súas necesidades básicas adquirindo hábitos de coidado persoal.
  • ·  Achegarse ao coñecemento, emprego e valoración das TIC-ordenadores, internet, encerado dixital interactiva, escáner, vídeo...- como ferramentas de busca de información, creación, expresión e comunicación.

 

Obxectivos da actividade: 

 

  • ·      Distinción dos alimentos saudables dos non saudables. 
  • ·      Que os nenos fagan uso das TIC como ferramenta de aprendizaxe.
  • ·      Que reflexionen a través das preguntas que lles plantexamos. 

 

Rol dos estudantes ao longo do proceso: 


Nesta actividade os estudantes ocupan un rol principal, debido a que son eles os encargados de realizar o exercicio e son os que teñen que contestar as preguntas sobre o mesmo. 

Descrición detallada da actividade:

 

Esta actividade consiste en colocar unha baralla de nove cartas, realizadas coa plataforma de Tinkercad , sobre o chan e que un escarnobot, coñecido como o Bee - Bot, cunha serie de indicacións, se dirixa cara unha das cartas. Unha vez posicionado sobre unha delas, o mestre ou algún neno terá que darlle  á volta. Nesta baralla, cada unha das cartas terá pola súa cara de diante unha letra do abecedario, á que se lle asignará un alimento saudable ou non saudable. Estes alimentos contarán pola parte de atrás da carta cun código QR para acceder á imaxe e ó nome do alimento específico, xunto cunhas preguntas sobre eles, e que os nenos tentarán responder, reflexionando así sobre o alimento que lles tocou e se percaten do que non deben comer con abundancia e do que sí poden incorporar ós seus hábitos.

  

Recursos para realizar a actividade.

 

Para realizar esta actividade, precisaremos dalgúns recursos: unha plantilla recollida, previamente, a cal dividiremos, en nove cartas realizadas con Tinkercad (de licencia libre), para que sexa máis sinxelo de empregar e visualizar polos nenos e nenas. Tamén necesitaremos un Bee-Bot, un escornabot con forma de abella que ten integrado uns botóns para poder ser dirixido dun punto a outro ao pulsalo. Outro recurso será un teléfono móbil ou tablet para poder ver o código QR. 

 

Como materiais complementarios teremos os códigos QR, e poderemos ver o seu contido enfocando coa cámara dun teléfono ou tablet, para que os leven a imaxe e as preguntas do exercicio.





Licencia del Tinkercad: 2020 Autodesk, Inc. Todos os dereitos reservados. Tinkercad é unha colección gratuita en liña de ferramentas de software que axudan a persoas de todo o mundo a pensar, crear y hacer. Somos a introducción ideal a Autodesk , o líder en software de deseño, enxeñaría e entretemento 3D. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Presentación Inés Piñeiro

Ola! O meu nome é  Inés Piñeiro Guimeráns , teño dezaoito anos e son de Marín (Pontevedra). Actualmente, tras realizar este verán a ABAU, curso o primeiro curso de Educación Infantil da Universidade de Vigo no campus de Pontevedra.   A experiencia previa que tiven coas TIC foron as clases que de vez en cando daba na aula de primaria, pero no instituto, tanto en secundaria como en bacharelato, tiven un uso das TIC moito maior, xa que realizabamos numerosos traballos e presentacións, e ao mesmo tempo, os profesores empregaban presentacións durante as clases para explicar os diferentes temas.   Para rematar a miña presentación vou presentar cinco datos curiosos ou aleatorios de min. En primeiro lugar, gustaríame comentar que este ano, debido ao coronavirus, tiven que realizar os exames da ABAU o día do meu aniversario. En segundo lugar, un dato curioso sobre min e  que sorprende moito á xente é que non me gusta nin a pizza nin as hamburguesas.   En terceiro lugar, a miña película favorita

Presentación Sofía Ventoso

O meu nome é  Sofía Ventoso Trigo , e teño dezasete anos, pois o meu aniversario é a finais de decembro. Actualmente curso a carreira de Educación Infantil na Uvigo. Inclineime por esta carreira pola miña capacidade para tratar con nenos e nenas.    Vivo en Cambados dende que nacín, un pequeno pobo que pertence á provincia de Pontevedra. Vivo cos meus pais e, mentres eles van traballar, quedo na casa para ter clases en liña. Cando teño que ir á universidade por algunha clase presencial, vou cunha compañeira, que ademais é veciña miña. Como é obvio, falo galego e castelán, pero tamén domino o inglés, mais por mor do coronavirus non puiden examinarme do meu nivel para obter a titulación. Entre as miñas afeccións destaca a lectura, especialmente as novelas clásicas. Fai unha semana comecei a ler a Tolstoi, coa súa famosa Anna Karenina. Fascíname a repostería, experimentar con novas receitas, e tamén probalas unha vez feitas. Tamén encántame quedar cos meus amigos, pero por desgraza todos

Actividades multimedia

Ola! Hoxe amosámosvos a plataforma EDUCAPLAY, onde podemos crear unha serie de actividades para que os nenos aprendan sobre determinados temas empregando as TIC. Para acceder a ela, debedes crear unha conta e rexistrarvos.    Decidimos crear unha serie de actividades nesta plataforma, dirixidas aos nenos de infantil. Con elas serán capaces de aprender as diferenzas entre alimentos saudables e non saudables, dun xeito moi ameno e dinámico.   A partir de hoxe poderedes ver as actividades que fixemos nas diferentes entradas que iremos creando.   A continuación, deixamos o enlace a plataforma:  plataforma educaplay